RESUMOS

 
Sessão Temática: 5. Informação e Jornalismo
Autor:

Xosé Lópes García

Instituição:

Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias da Información.

Dados Curriculares:

Profesor titular de Periodismo de la Universidad de Santiago de Compostela. Trabaja en investigación de medios locales, en contenidos, periodismo electrónico y desafíos de los periodistas en la sociedad actual. Las investigaciones realizadas en los últimos años han estado relacionadas con las estrategias locales de comunicación en la sociedad de la diversidad global. Información y periodismo son das principals líneas de trabajo.

Título:

Repensa-lo xornalismo de proximidade para asenta-los medios locais na sociedade global

Resumo:
 

O sector dos medios de comunicación locais entra no século XXI con dous grandes retos: deseñar estratexias de comunicación para actuar na sociedade global e repensa-lo xornalismo de proximidade (é dicir, reinventalo). Trátase de dous desafíos arredor dos que se intensifican as reflexións nos últimos anos do milenio nos observatorios de comunicación local para ofrecer respostas que permitan encara-lo futuro con certo optimismo nesta fase de grandes transformacións que avanza da man da economía e das tecnoloxías actuais.

Neste novo escenario, cada medio necesita redefini-lo seu papel para actuar no panorama mediático que se deseña no horizonte. E esa redefinición só será posible da man dun xornalismo que esté en contacto coa realidade -un xornalismo alonxado das rutinas e das estratexias de comunicación dos distintos actores- e que contemple políticas de intervención na sociedade global desde a defensa da identidade e desde unha política de interculturalidade que contemple a elaboración de productos multilingües. A conquista do futuro pasa, pois, por anticiparse o que vai vir cun xornalismo de novo cuño, con novas convencións que aproveiten as experiencias do pasado e sexan capaces de responder ó que demandan os cidadáns dos profesionais da información para o novo século. Esa resposta profesional hai que afronta-la cunha ruptura intelixente cun pasado recente que amenaza a credibilidade da información, pero no que tamén se escribiron páxinas brillantes de xornalismo de calidade. De aí que boa parte das iniciativas de futuro deben saír dos centros de innovación do xornalismo de proximidade que experimentan con productos para a nova era, a era da "globalidade".